Abonos
Concertos e live A/V
Proxeccións individuais
-
Proxeccións: 3 €
Venda de entradas
-
En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura.gal.
-
Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
-
Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horario: durante a celebración do festival (do 1 ao 9 de outubro) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349
-
Numax: Entradas só para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Horario: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. Se hai proxección fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio. Teléfono: 981 560 250
Avisos importantes
-
A clausura e a inauguración son de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas no despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes) ou en compostelacultura.gal dende dous días antes de cada evento a partires das 11:00 horas.
-
No caso de mercar o abono en liña, en calquera das súas modalidades, será preciso recollelo fisicamente na Zona C.
-
O abono de proxeccións non dá acceso aos concertos e live A/V; o abono de concertos e live A/V non dá acceso ás proxeccións.
-
O abono non garante o acceso a todos os eventos. Terás que canxealo por entradas. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
-
O canxe do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal, nos horarios indicados anteriormente.
-
As actividades formativas están fora dos abonos.